martes, 17 de junio de 2008

ANÁLISE DE PRENSA

A continuación analizarase unha mesma noticia en tres xornais diferentes: El País, El Mundo e La Voz de Galicia, tratando de deixar patentes as semellanzas e diferenzas, á hora de informar sobre un mesmo acontecemento.

A xornada do 6 de Abril do 2008 a prensa informaba do allazgo dunha secta en Texas, a cal tiña secuestrados a menores, dos que presuntamente abusaban sexualmente; como é habitual, cada periódico informaba dun xeito diferente, mantendo entre outros aspectos a súa ideoloxía política (de esquerdas, dereitas ou centro, respectivamente).



El País



“Rescatadas 52 niñas del rancho de una secta polígama en Tejas”

El País informaba da nova na sección de Sociedade, concretamente na páxina 43 (ó pasar a folla atopámola de fronte). Catro son o número de columnas adicadas á noticia, e trinta e un o número de versos de cada columna (aínda que sobre a terceira aparece unha foto, quedando o número de versos reducidos a nove).

O titular que arriba se indica (“Rescatadas 52 niñas del rancho de una secta...”), aparece en negriña e con un tamaño bastante grande, chamando deste xeito a atención dos lectores. O tipo de letra é con serifa (probablemente Times New Roman).

O tipo de letra séguese mantendo ó longo de toda a noticia (por ser esta máis fácil de ler ó tratarse dun texto abundante), non o fan, sen embargo, a negriña, nin o tamaño, que pasará a ser moito máis pequeno.

Logo do titular aparece un antetítulo tamén en negriña (“El líder del grupo está en prisión por obligar a una chica de 14 años a casarse”), cuxo tamaño está entre o do título e o do resto do texto.

A noticia acompáñase de dúas fotografías:

Unha na parte superior (antes do texto) que mostra os “Preparativos del asalto al rancho de la secta polígama en Texas”, é, por tanto, unha fotografía actual, do acontecemento. Dita imaxe ten un ancho de catro columnas: foto estándar.

A outra fotografía (xa citada), aparece insertada na terceira columna do texto: foto sello. Esta imaxe é de archivo, é dicir, non actual, e mostra a “Warren Jeffs, fundador de la secta”.

A páxina que ocupa esta noticia ten elementos de parcelación ou separación: tanto una liña horizontal (filete) como vertical (corondel).

En xeral, pódese dicir da noticia que está explicada de maneira obxetiva. Aínda que destacaría que na parte final fai referencia á poligamia, asi como a unha comparación co “más sangriento asalto en la historia del FBI, cuando el 28 de febrero de 1993, atacó el rancho de los davidianos en Waco (Tejas)” que pode sonar a comentario subxetivo.



El Mundo



“Rescatan en Texas a 52 niñas de una secta mormona que practica la poligamia”

Este xornal de ideoloxía de dereitas, sitúa a noticia na páxina 32 (páxina par, malia a redundancia), en concreto na sección chamada Mundo, non sen antes ser destaca na parte esquerda da portada (“Liberan a 52 niñas en Texas de una secta mormona y polígama”).

Ó igual que no País, son catro columnas as ocupadas para abordar a nova, aínda que nesta ocasión emprégase todo o longo da páxina.

A letra empregada é con serifas (Times New Roman), de tamaño bastante grande e en negriña no título; no texto que segue, preséntase con un tamaño menor, o cal vai sen negriña.

As entradillas -que coordinan datos esenciais- son dúas; os ladillos -frases que separan o texto en bloques- son tres (Iglesia fundamentalista, Violación e incesto, Más de 70 años de historia y 10000 fieles)

Na noticia inclúense dúas fotografía de archivo con formato sello: a primeira, bastante grande, mostra o “Rancho de la secta poligámica, en Eldorado, Texas (EEUU)” sobre a segunda e terceira columna; a segunda imaxe, dun tamaño máis reducido (coma se dunha foto carné se tratara) está situada na segunda columna, e mostra a “El lider de la secta, Warren Jeffs”.

O conxunto da noticia está parcelada por filetes e corondeles, quedando así a mesma dentro dun recadro.

O acontecemento está explicado de xeito obxetivo, simple e claro. Ó igual que no caso anterior nos dous últimos párrafos, faise referencia “a la redada que tuvo lugar hace quince años en otro rancho de Texas, situado en la localidad de Waco” que se semella máis a un comentario subxectivo. Ademais, El Mundo explica detalladamente o que é a Igrexa Fundamentalista de los Santos de los Últimos Días e fala brevemente de Warren Jeffs.



La Voz de Galicia



“En libertad 137 niños retenidos por una secta que defiende la poligamia”

Na parte superior da páxina 30, sección de Sociedad de La Voz de Galicia, atopamos primeiramente un subtítulo (“El líder del grupo había sido condenado por obligar a una adolescente...”) nunha letra sen serifa -Arial-; trás el, aparece o titular en letra con adornos ou serifas -Times New Toman- nun tamaño máis grande e en negriña.
Unha entradilla coas características do subtítulo da paso ó resto do texto, no que se mantén a letra con serifas, pero nun tamaño máis pequeno, como é habitual.

A noticia ten unha extensión de cinco columnas, con corenta versos cada unha. A quinta columna é ocupada con un Testimonio (“Ninguna de ellas conoce la realidad del exterior”).
No texto aparecen dous ladillos (“Una religión prohibida” e “El profeta casado con sus madrastras”) que dividen ó texto en diferentes subapartados.
Para separar a noticia doutras dúas liñas horizontais -filetes-.

Dúas son as fotografías que acompañan e complementan a narración do acontecemento. A imaxe que aparece máis arriba mostra “el edificio de proporciones colosales en Tejas”, ocupa o ancho de dúas columnas, concretamente terceira e cuarta. A outra imaxe, dun tamaño moitísimo menor mostra só a cara de Warren Steed Jeffs.

Na miña opinión, este xornal é o que explica a noticia, xa que reflexa de xeito obxectivo o acontecemento, e aporta información extra,como: unha explicación da orixe e as actividades Igrexa Fundamentalista de los Últimos Días ou a vida e personalidade de Jeffs. Inclúese asi mesmo o testimonio de Marleigh Mesiner -encargada de los servicios secretos en Tejas-.


..................................................




En resumo, El País e El Mundo tratan a noticia dun xeito similar no que o formato e contido (obxectivo nun principio e parcialmente subxectivo nos últimos párrafos) se refire; aínda que é o primeiro o único que acompaña o texto dunha foto do suceso actual.
El Mundo e La Voz de Galicia comparten as mesmas imaxes, pero é La Voz a única que fai unhas explicacións específicas.